Coa axuda das súas preparadoras, Carmen Cuesta , Victoria Mosquera e Marcela Ríos , os alumnos do IES Canido exhibiron o seu talento para a oratoria o pasado 28 de febreiro nunha das tres fases previas do concurso Club Debate Alingua , que tivo lugar en Santa Comba. E tras unha intensa xornada na que tiveron que debater sobre un tema candente e de plena actualidade — Débense prohibir vos teléfonos móbiles nos institutos? —, os dous equipos do centro que acudiron ao certame volveron a casa máis que contentos, xa que un se alzou como gañador e o outro obtivo un cuarto posto. Enlace á noticia na Voz de Galicia