Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

XXXI Edición do Festival Mocidade Coa Lingua

Imaxe
 Un ano mais o IES Canido participou no festival, que promove o uso do galego a través da música. Nesta edición Mateo Inglés e Ainara Montoya, alumnos de 3º de ESO encargáronse da presentación do festival e os seus compañeiros, xunto con alumnado de outros centros de Ferrolterra acudiron como público. Parabens a todos os grupos que actuaron e gracias á organización polo marabilloso traballo realizado!

II Xincana IES Canido

Imaxe
  Aquí tedes algunhas imaxes da Xincana que tivo lugar o 22 de marzo no IES Canido. O alumnado de 1º e 2º da ESO recorreu, coa axuda dun mapa, un percorrido de postos con retos e probas que foron superando traballando en equipo. Moitas grazas a Lidia Beceiro, pola coordinación da actividade, dos departamentos didácticos que colaboraron deseñando ditas probas, o profesorado vixiante, o persoal de conserxería e ó alumnado axudante de 3º da ESO, que gustoulle tanto a actividade que queren deseñar a vindeira edición. ¡Estamos desexando que así sexa!