Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

Celebración do Magostín

Imaxe
 O venres 10 de novembro celebramos  O Magostín O alumnado de 4º da ESO cociñou e vendeu bocatas de chourizo e castañas para recadar fondos para a súa excursión de fin de etapa. Ademáis,  organizaron xogos populares coordinados polo departamento de Educación Física.  Ó son da banda de música tradicional tamén bailamos grazas á colaboración do departamento de Música e de bailaríns espontáneos que nos mostraron os pasos a  seguir. Polo lado máis terrorífico, houbo maquillaxes de terror, disfraces e dous premios de concursos: portas terroríficas e concurso de micro relatos.  Os gañadores do concurso de portas terroríficas  foron os alumnos e alumnas de  4º da ESO B , que celebrarán unha pequena festa na cafetería do IES o vindeiro martes día 28 de novembro. Os gañadores do1º Concurso de micro relatos de terror organizado pola Biblioteca do IES Canido foron: Premio de 1º ciclo de secundaria : Sara Ramos con "  Anuncio da morte " e un accésit a Inés Pedreiro con " Chorando