Celebración do Magostín

 O venres 10 de novembro celebramos 

O Magostín

O alumnado de 4º da ESO cociñou e vendeu bocatas de chourizo e castañas para recadar fondos para a súa excursión de fin de etapa. Ademáis,  organizaron xogos populares coordinados polo departamento de Educación Física.  Ó son da banda de música tradicional tamén bailamos grazas á colaboración do departamento de Música e de bailaríns espontáneos que nos mostraron os pasos a  seguir. Polo lado máis terrorífico, houbo maquillaxes de terror, disfraces e dous premios de concursos: portas terroríficas e concurso de micro relatos. 


Os gañadores do concurso de portas terroríficas  foron os alumnos e alumnas de 4º da ESO B, que celebrarán unha pequena festa na cafetería do IES o vindeiro martes día 28 de novembro.












Os gañadores do1º Concurso de micro relatos de terror organizado pola Biblioteca do IES Canido foron:


Premio de 1º ciclo de secundaria: Sara Ramos con " Anuncio da morte" e un accésit a Inés Pedreiro con "Chorando sangue"


Premio do 2º ciclo de secundaria: Inés Sanesteban co seu relato  "Taxi" e un accésit para Jorge Momán co seu texto "Historias dun garda nocturno"







 Grazas a todos pola colaboración!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

I Xincana IES Canido

Recitado Carvalho Calero 2023