Recitado Carvalho Calero 2025


 Un ano mais o alumnado do IES Canido participa na homenaxe que a equipa de coordinación de dinamización lingüística de Ferrolterra organiza en honor ao ilustre profesor e escritor ferrolá, no centro cultural do mesmo nome. 

Kawtar, Pedro, Lucía, Pablo, Julia, Aroa, Antonio, Unai, Alvaro, Matías, Leire, Inés, Daniela, Alejandro e Estrella, alumnos de oratoria, acompañados por Diego co saxofón, recitaron o poema de Xohana Torres “Penélope” e a continuación “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro.

Tal como eles dixeron, o primeiro, co seu último verso, “Eu tamén navegar”, convertido nun emblema da literatura feminista galega, inspirou tamén o lema da nosa biblioteca escolar: “Nós tamén navegar”.

Os versos de Rosalía representan o desgarro do emigrante galego que, desgraciadamente segue estando presente nos nosos días.

Estas son algunhas imaxes do recitado:


E o vídeo:


Grazas a todo o alumnado participante, así como a Marcela e a Clara pola sua colaboración!








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Día da Poesía 2025

Recitado Carvalho Calero 2024