Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2024

Anímate a escribir un relato!

Imaxe
 

Concurso de Relato Curto Coca Cola

Imaxe
 O xoves 7 de marzo seis rapaces participaron na décimo quinta edición de relatos curtos organizada por Coca Cola. Durante dúas horas escribiron un relato inspirado nun poema de Marta Dacosta. Parabens polas vosas ganas de contar historias!

Parabens aos integrantes do Club de Debate!

Imaxe
  Coa axuda das súas preparadoras,  Carmen Cuesta , Victoria Mosquera e Marcela Ríos , os alumnos do  IES Canido  exhibiron o seu talento para a oratoria o pasado 28 de febreiro nunha das tres fases previas do concurso  Club Debate Alingua , que tivo lugar en Santa Comba. E tras unha intensa xornada na que tiveron que debater sobre un tema candente e de plena actualidade — Débense prohibir vos teléfonos móbiles nos institutos? —, os dous equipos do centro que acudiron ao certame volveron a casa máis que contentos, xa que un se alzou como gañador e o outro obtivo un cuarto posto. Enlace á noticia na Voz de Galicia