Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

Homenaxe a Luisa Villalta na Cidade da Cultura

Imaxe
  O pasado mércores día 8, o alumando de 1º da ESO, coordinado pola equipa de Dinamización Lingüística e acompañado polas profesoras María Estraviz, Sandra Juíz e Berta Rodríguez, participaron nunha homenaxe a Luisa Villalta no Gaiás de Santiago de Compostela. A escritora homenaxeada foi antiga profesora no IES Canido. Aquí tedes un pequeno resumo fotográfico do acto, ó que asistiu o Conselleiro de Cultura, José López Campos.  As alumnas de 1º da ESO: María Omaña, Sara Leira, Sara Ramos, Sabela Cobelo, Julia Ferreira, Alejandra Piñeiro e Daniela Román participaron na súa homenaxe, parabéns pola vosa actuación, e moitas grazas tamén á profesora Daniela García pola participación na actividade. O resto da tarde, aproveitamos o día en Santiago comendo na Alameda, visitando o casco histórico e tamén o Museo de Historia Natural e o Mupega.

Inventa Unha Flor 2024 XI Edición

Imaxe
 Co obxectivo de promover a participación na festa dos Maios do barrio de Canido a asociación sociocultural Muíño do Vento convoca cada ano o certame literario Inventa Unha Flor,  se celebra no centro cívico   e alí estaban as nosas alumnas Irene, Clara e Lola de presentadoras e Sara L, Sara R e Julia cos seus poemas e debuxos. Parabéns a todas polo voso ben facer, así como ao resto de participantes  doutros centros educativos, ao coro Tempiño e ás pandereteiras polas suas magníficas actuacións. Enlace ao libro dixital  

O Maio 2024

Imaxe
 O tempo non acompañaba máis o ánimo e bo facer do alumnado de primeiro de ESO sí