Homenaxe a Luisa Villalta na Cidade da Cultura

 O pasado mércores día 8, o alumando de 1º da ESO, coordinado pola equipa de Dinamización Lingüística e acompañado polas profesoras María Estraviz, Sandra Juíz e Berta Rodríguez, participaron nunha homenaxe a Luisa Villalta no Gaiás de Santiago de Compostela. A escritora homenaxeada foi antiga profesora no IES Canido. Aquí tedes un pequeno resumo fotográfico do acto, ó que asistiu o Conselleiro de Cultura, José López Campos. 




As alumnas de 1º da ESO: María Omaña, Sara Leira, Sara Ramos, Sabela Cobelo, Julia Ferreira, Alejandra Piñeiro e Daniela Román participaron na súa homenaxe, parabéns pola vosa actuación, e moitas grazas tamén á profesora Daniela García pola participación na actividade. O resto da tarde, aproveitamos o día en Santiago comendo na Alameda, visitando o casco histórico e tamén o Museo de Historia Natural e o Mupega.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Inventa Unha Flor 2024 XI Edición

Recitado Carvalho Calero 2023