Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

Clube de debate IES Canido

Imaxe
 Dous equipos do noso centro participaron na fase local do Clube de debate que tivo lugar este luns 24 de abril. Debateuse sobre o tema "Somos menos sociais coas redes sociais" e os competidores defenderon posicións a favor ou en contra. Todos os participantes obtiveron boa puntuación e o equipo de cuarto se clasificou para a fase final que terá lugar en Bertamiráns o 3 de xuño. Noraboa a ambos equipos polo bo traballo realizado no que recolleron os froitos do esforzo dos días adicados á preparación e do bo facer das profesoras que os dirixiron: Victoria, Marcela e Carmen. Na fase final se medirán con outras cinco formacións de Galicia. O equipo vencedor poderá gozar dunha viaxe educativa. Estas actividades permiten ao alumnado practicar as súas habilidades comunicativas e promover o intercambio de ideas e opinións. No  enlace  está a nova publicada no Diario de Ferrol.

I Xincana IES Canido

 O día 31 de marzo celebramos unha xincana na que participaron os grupos de primeiro e segundo da ESO, organizados en equipos. Aquí tedes o vídeo: Moitas grazas a todo o profesorado e persoal non docente que colaborou para que esta experiencia fose posible!