Clube de debate IES Canido




 Dous equipos do noso centro participaron na fase local do Clube de debate que tivo lugar este luns 24 de abril.

Debateuse sobre o tema "Somos menos sociais coas redes sociais" e os competidores defenderon posicións a favor ou en contra. Todos os participantes obtiveron boa puntuación e o equipo de cuarto se clasificou para a fase final que terá lugar en Bertamiráns o 3 de xuño.

Noraboa a ambos equipos polo bo traballo realizado no que recolleron os froitos do esforzo dos días adicados á preparación e do bo facer das profesoras que os dirixiron: Victoria, Marcela e Carmen.

Na fase final se medirán con outras cinco formacións de Galicia. O equipo vencedor poderá gozar dunha viaxe educativa.

Estas actividades permiten ao alumnado practicar as súas habilidades comunicativas e promover o intercambio de ideas e opinións.

No enlace está a nova publicada no Diario de Ferrol.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

I Xincana IES Canido

Recitado Carvalho Calero 2023