Día da árbore 2026

 Hoxe sábado é o día internacional da árbore, por iso onte, a comunidade educativa do IES Canido, colaborando coa veciñanza do barrio, participamos co alumnado da ESO na plantación de dous carballos, un no “Xardín dos mestres e mestras”, novo parque iniciativa dos veciños e a asociación cultural “Muiño do Vento” para conmemorar a todos os mestres e mestras represaliados durante a dictadura franquista, e outro no centro educativo. Este ano adicouse este día a D. Juan García Niebla, pola sua labor educativa e promoción do respeto pola natureza.

Reseña no Diario de Ferrol 









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recitado Carvalho Calero 2025

Día da Poesía 2025

Certame “Inventa unha Flor”