Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

Finalistas no club de debate Alingua!!

Imaxe
 O equipo IES Canido (4° ESO e 1° BAC) gañou o primeiro premio e A Filial (3° e 4° ESO) quedaron de terceiros. 🥳🥳 Parabéns a todos os participantes e ás profesoras implicadas nesta actividade,  Victoria, Marcela e Carmen. Desexámoslles moita sorte na fase final. Enlace á noticia no Diario de Ferrol

Día Internacional Muller e a Nena na Ciencia

Imaxe
 Onte, 11 de febreiro, no IES Canido conmemoramos o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cun “Scape Room” para destacar a importancia da inclusión das nenas no ámbito científico e tecnolóxico. Os estudantes de primeiro e segundo de ESO, en grupos de catro alumnos, debían resolver, en 50 minutos, tres retos diferentes relacionados coa bioloxía, a física, as matemáticas ou a tecnoloxía, conseguindo en cada reto pistas para averiguar finalmente o nome da científica “agochada”. Esperamos que actividades coma esta inspiren ás futuras científicas! A actividade contou coa colaboración dos departamentos de bioloxía, física, matemáticas, tecnoloxía, equipos de dinamización da biblioteca e dinamización lingüística, así como de alumnado de cuarto curso. Por outra banda, o alumnado de 1º de bacharelato TIC realizou vídeos nos que "puxeron voz" a algunhas científicas ilustres usando a IA, aquí vos deixo algún exemplo: