Magostín 2025
Outro ano mais o Magostín do IES Canido foi un éxito rotundo grazas ao bon facer do alumnado de cuarto, que traballou arreo para organizar e cociñar as castañas e os bocadillos de chourizo asado, así como para dar a coñecer entre os compañeiros os "Xogos Populares", coa axuda de Fredi, o profesor de educación física. E, como non, á participación do alumnado no deseño das "Portas Terrorífas", nos recreos "arrepiantes" organizados polo equipo de dinamización da biblioteca. Esta xornada non sería posible sen o inestimable traballo de Pili, a vicedirectora, e a colaboración de Fredi, Estefanía, Pipo, María José, Marián e moitos mais compañeiros. Grazas a todos e todas! Parabens aos gañadores dos concursos de Portas Terroríficas, alumnado de 3º A e B, e de Microrrelatos Terroríficos, Ariadna Filgueira.