Publicacións

Recitado Carvalho Calero 2023

Imaxe
Outro curso mais o alumnado do IES Canido participa no recitado de poesía organizado pola Equipa de Dinamización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes e especialmente aos nosos alumnos: María, Martina, Icía, Ainara, Mateo (3º ESO) e Diego (1º ESO)   Vídeo do evento :    (Parte 1)   (Parte 2)

Letras Galegas 2023

Imaxe
 

Certame literario Inventa unha Flor

Imaxe
 Aquí tedes algunhas das fotos do acto de entrega de medallas:  Moitas grazas á asociación Muíño do Vento e ao Centro Cívico de Canido, así como a todos os alumnos e alumnas que participaron no acto e no certame!

Maios 2023

Imaxe
 Grazas a toda a comunidade educativa, alumnado, profesorado e persoal non docente,  pola participación nos maios 2023, ben aportando flores ben facendo a montaxe:

Recollida Premio Certame Poesía e Imaxe 2023

Imaxe
  A alumna de 1º da ESO do noso centro, Sara Gomis, gañou o premio "Poesía e Imaxe" convocado polo equipo de normalización lingüística do Concello de Ferrol. Parabens a Sara e a sua profesora Cris Bravo

Clube de debate IES Canido

Imaxe
 Dous equipos do noso centro participaron na fase local do Clube de debate que tivo lugar este luns 24 de abril. Debateuse sobre o tema "Somos menos sociais coas redes sociais" e os competidores defenderon posicións a favor ou en contra. Todos os participantes obtiveron boa puntuación e o equipo de cuarto se clasificou para a fase final que terá lugar en Bertamiráns o 3 de xuño. Noraboa a ambos equipos polo bo traballo realizado no que recolleron os froitos do esforzo dos días adicados á preparación e do bo facer das profesoras que os dirixiron: Victoria, Marcela e Carmen. Na fase final se medirán con outras cinco formacións de Galicia. O equipo vencedor poderá gozar dunha viaxe educativa. Estas actividades permiten ao alumnado practicar as súas habilidades comunicativas e promover o intercambio de ideas e opinións. No  enlace  está a nova publicada no Diario de Ferrol.

I Xincana IES Canido

 O día 31 de marzo celebramos unha xincana na que participaron os grupos de primeiro e segundo da ESO, organizados en equipos. Aquí tedes o vídeo: Moitas grazas a todo o profesorado e persoal non docente que colaborou para que esta experiencia fose posible!