Publicacións

Anímate a escribir un relato!

Imaxe
 

Concurso de Relato Curto Coca Cola

Imaxe
 O xoves 7 de marzo seis rapaces participaron na décimo quinta edición de relatos curtos organizada por Coca Cola. Durante dúas horas escribiron un relato inspirado nun poema de Marta Dacosta. Parabens polas vosas ganas de contar historias!

Parabens aos integrantes do Club de Debate!

Imaxe
  Coa axuda das súas preparadoras,  Carmen Cuesta , Victoria Mosquera e Marcela Ríos , os alumnos do  IES Canido  exhibiron o seu talento para a oratoria o pasado 28 de febreiro nunha das tres fases previas do concurso  Club Debate Alingua , que tivo lugar en Santa Comba. E tras unha intensa xornada na que tiveron que debater sobre un tema candente e de plena actualidade — Débense prohibir vos teléfonos móbiles nos institutos? —, os dous equipos do centro que acudiron ao certame volveron a casa máis que contentos, xa que un se alzou como gañador e o outro obtivo un cuarto posto. Enlace á noticia na Voz de Galicia

Entroido 2024!

Imaxe
  Entroido 2024!

Xornada Formación Club Debate

Imaxe
 O 18 de xaneiro os participantes no club de Debate organizado pola Equipa Galega de Dinamización Lingüística, e as profesoras que titorizan a actividade, asistiron a unha Xornada de Formación no Centro Cultural Torrente Ballester. E despois un merecido xantar!

Celebración do Magostín

Imaxe
 O venres 10 de novembro celebramos  O Magostín O alumnado de 4º da ESO cociñou e vendeu bocatas de chourizo e castañas para recadar fondos para a súa excursión de fin de etapa. Ademáis,  organizaron xogos populares coordinados polo departamento de Educación Física.  Ó son da banda de música tradicional tamén bailamos grazas á colaboración do departamento de Música e de bailaríns espontáneos que nos mostraron os pasos a  seguir. Polo lado máis terrorífico, houbo maquillaxes de terror, disfraces e dous premios de concursos: portas terroríficas e concurso de micro relatos.  Os gañadores do concurso de portas terroríficas  foron os alumnos e alumnas de  4º da ESO B , que celebrarán unha pequena festa na cafetería do IES o vindeiro martes día 28 de novembro. Os gañadores do1º Concurso de micro relatos de terror organizado pola Biblioteca do IES Canido foron: Premio de 1º ciclo de secundaria : Sara Ramos con "  Anuncio da morte " e un accé...

Recitado Carvalho Calero 2023

Imaxe
Outro curso mais o alumnado do IES Canido participa no recitado de poesía organizado pola Equipa de Dinamización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes e especialmente aos nosos alumnos: María, Martina, Icía, Ainara, Mateo (3º ESO) e Diego (1º ESO)   Vídeo do evento :    (Parte 1)   (Parte 2)