Publicacións

Día da árbore 2026

Imaxe
 Hoxe sábado é o día internacional da árbore, por iso onte, a comunidade educativa do IES Canido, colaborando coa veciñanza do barrio, participamos co alumnado da ESO na plantación de dous carballos, un no “Xardín dos mestres e mestras”, novo parque iniciativa dos veciños e a asociación cultural “Muiño do Vento” para conmemorar a todos os mestres e mestras represaliados durante a dictadura franquista, e outro no centro educativo. Este ano adicouse este día a D. Juan García Niebla, pola sua labor educativa e promoción do respeto pola natureza. Reseña no Diario de Ferrol 

Éxito club debate!

Imaxe
  Novo premio para o club de debate do IES Canido ! Parabéns ás profesoras Marcela, Victoria e Carmen, así como a todos os alumnos participantes.

Certame literario Carmela Loureiro 2026

Imaxe
 Xa está aquí a convocatoria do certame Carmela Loureiro! Non perdas tempo e escribe o teu microrrelato! Este ano debe comezar pola frase de Begoña Caamaño “Escolle ti”

Entroido 2026

Imaxe
  Parabens a todolos grupos participantes polas suas estupendas actuacións! Especialmente ao alumnado de segundo de bacharelato, de cuxa interpretación non teño fotos, mais foi marabillosa! Grazas tamén a Estefanía e Loli, a Mandi,  a Pili, Encina, Lidia, Rocío, Cristina e tantos outros que facedes posible esta celebración un ano mais!

Magostín 2025

Imaxe
  Outro ano mais o Magostín do IES Canido foi un éxito rotundo grazas ao bon facer do alumnado de cuarto, que traballou arreo para organizar e cociñar as castañas e os bocadillos de chourizo asado, así como para dar a coñecer entre os compañeiros os "Xogos Populares", coa axuda de Fredi, o profesor de educación física. E, como non, á participación do alumnado no deseño das "Portas Terrorífas", nos recreos "arrepiantes" organizados polo equipo de dinamización da biblioteca. Esta xornada non sería posible sen o inestimable traballo de Pili, a vicedirectora, e a colaboración de Fredi, Estefanía, Pipo, María José, Marián e moitos mais compañeiros. Grazas a todos e todas! Parabens aos gañadores dos concursos de Portas Terroríficas, alumnado de 3º A e B, e de Microrrelatos Terroríficos, Ariadna Filgueira.

Recitado Carvalho Calero 2025

Imaxe
 Un ano mais o alumnado do IES Canido participa na homenaxe que a equipa de coordinación de dinamización lingüística de Ferrolterra organiza en honor ao ilustre profesor e escritor ferrolá, no centro cultural do mesmo nome.  Kawtar, Pedro, Lucía, Pablo, Julia, Aroa, Antonio, Unai, Alvaro, Matías, Leire, Inés, Daniela, Alejandro e Estrella , alumnos de oratoria, acompañados por Diego co saxofón, recitaron o poema de Xohana Torres “Penélope” e a continuación “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro. Tal como eles dixeron, o primeiro, co seu último verso, “Eu tamén navegar”, convertido nun emblema da literatura feminista galega, inspirou tamén o lema da nosa biblioteca escolar: “Nós tamén navegar”. Os versos de Rosalía representan o desgarro do emigrante galego que, desgraciadamente segue estando presente nos nosos días. Estas son algunhas imaxes do recitado: E o vídeo: Grazas a todo o alumnado participante, así como a Marcela e a Clara pola sua colaboración!

Entrega de premios Carmela Loureiro

Imaxe
 Este sábado 27 de setembro tivo lugar, no centro cultural Torrente Ballester, o acto de entrega dos premios do certame literario Carmela Loureiro correspondente á convocatoria do curso 24_25. O alumnado do IES Canido acadou cinco premios de entre os 43 traballos presentados por unha ducia de centros educativos da comarca, entre os que nos atopamos. O noso agradecemento a todos os participantes, así como ás profesoras colaboradoras, e parabéns a todos os premiados! 1º premio na categoría D en micropoesía para Iida Suoniemi Veiga 1º premio na categoría B de microrrelato para Sara Leira González 1º premio na categoría C de microrrelato para Martín Díaz Ogorodnikov Accésit na categoría C de micropoesía para Andrea Paz Cotovad Accésit na categoría D de micropoesía para Celia Simón Anca Enlace á noticia no Diario de Ferrol