Atrévete a dar XAQUE MATE!
Inscripcións na Biblioteca do 13 ao 17 de febreiro
1º PREMIO 50 Euros
2º PREMIO 25 Euros
(Os premios son vales para empregar na cafetaría do instituto)
A qué esperas para xogar?
Recitado Carvalho Calero 2025
Un ano mais o alumnado do IES Canido participa na homenaxe que a equipa de coordinación de dinamización lingüística de Ferrolterra organiza en honor ao ilustre profesor e escritor ferrolá, no centro cultural do mesmo nome. Kawtar, Pedro, Lucía, Pablo, Julia, Aroa, Antonio, Unai, Alvaro, Matías, Leire, Inés, Daniela, Alejandro e Estrella , alumnos de oratoria, acompañados por Diego co saxofón, recitaron o poema de Xohana Torres “Penélope” e a continuación “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro. Tal como eles dixeron, o primeiro, co seu último verso, “Eu tamén navegar”, convertido nun emblema da literatura feminista galega, inspirou tamén o lema da nosa biblioteca escolar: “Nós tamén navegar”. Os versos de Rosalía representan o desgarro do emigrante galego que, desgraciadamente segue estando presente nos nosos días. Estas son algunhas imaxes do recitado: E o vídeo: Grazas a todo o alumnado participante, así como a Marcela e a Clara pola sua colaboración!


Comentarios
Publicar un comentario