E por fin o XXX Certame da Mocidade coa Lingua!


 Este xoves 30 de marzo o alumnado de segundo da ESO asistiu á XXX edición do festival Mocidade coa Lingua, organizado pola Equipa de Dinamización Lingüística de Ferrolterra e o Concello de Ferrol.

Xunto á banda profesional Fillas de Cassandra, protagonizaron o cartel musical outras cinco formacións doutros tantos colexios e institutos da zona: Cuarto Cable(CPI A Xunqueira), A Banda da Ponte (IES Carvalho Calero), Bandoviño (CPI Atios), Arredemo (IES de Fene) e Boa Pregunta(CPR Tirso de Molina de Ferrol), que amosaron así o seu compromiso coa música en galego.

Moitas grazas á Equipa por invitarnos e parabens a todos os participantes!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

I Xincana IES Canido

Recitado Carvalho Calero 2023