Un ano mais o alumnado do IES Canido participa na homenaxe que a equipa de coordinación de dinamización lingüística de Ferrolterra organiza en honor ao ilustre profesor e escritor ferrolá, no centro cultural do mesmo nome. Kawtar, Pedro, Lucía, Pablo, Julia, Aroa, Antonio, Unai, Alvaro, Matías, Leire, Inés, Daniela, Alejandro e Estrella , alumnos de oratoria, acompañados por Diego co saxofón, recitaron o poema de Xohana Torres “Penélope” e a continuación “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro. Tal como eles dixeron, o primeiro, co seu último verso, “Eu tamén navegar”, convertido nun emblema da literatura feminista galega, inspirou tamén o lema da nosa biblioteca escolar: “Nós tamén navegar”. Os versos de Rosalía representan o desgarro do emigrante galego que, desgraciadamente segue estando presente nos nosos días. Estas son algunhas imaxes do recitado: E o vídeo: Grazas a todo o alumnado participante, así como a Marcela e a Clara pola sua colaboración!
O pasado venres 21 de marzo conmemorouse o día internacional da poesía e os alumnos de oratoria, baixo a coordinación da profesora Marcela Ríos, recitaron diferentes poemas, aquí vos deixo o vídeo Moitas grazas a todos e todas!
Hoxe sábado é o día internacional da árbore, por iso onte, a comunidade educativa do IES Canido, colaborando coa veciñanza do barrio, participamos co alumnado da ESO na plantación de dous carballos, un no “Xardín dos mestres e mestras”, novo parque iniciativa dos veciños e a asociación cultural “Muiño do Vento” para conmemorar a todos os mestres e mestras represaliados durante a dictadura franquista, e outro no centro educativo. Este ano adicouse este día a D. Juan García Niebla, pola sua labor educativa e promoción do respeto pola natureza. Reseña no Diario de Ferrol
Comentarios
Publicar un comentario