O pasado venres 21 de marzo conmemorouse o día internacional da poesía e os alumnos de oratoria, baixo a coordinación da profesora Marcela Ríos, recitaron diferentes poemas, aquí vos deixo o vídeo Moitas grazas a todos e todas!
O pasado venres 25 de outubro os nosos alumnos participaron no Centro Cultual Carvalho Calero no recitado que a coordinadora de dinamización lingüística e Ferrolterra organiza cada ano. Moitas grazas a: Alba Grueiro, Lola Porcel, Mario Valiñas, Alvaro González, Leo Rodríguez, Sara Gomis, Adrián Seijo, Andrea Paz, Iago Fuertes, Xavi Sequeiro, Diego Seijas. E especialmente á profesora Marcela Ríos por coordinar a actividade.
Onte celebrouse na Capela do centro cultural Torrente Ballester a entrega dos premios da X Edición do Certame Literario Carmela Loureiro, parabens a todos os premiados e moi especialmente a: Antía Fernández: Primeiro Premio na categoría de microrrelato por “Segunda Estrela á Dereita” Diego Sánchez de Toca: Primeiro Premio en microteatro por “A fábrica química” Andrea Paz: Accesit en micropoesía por “ A Mirada” Enlace á noticia no Diario de Ferrol
Comentarios
Publicar un comentario